miércoles, 23 de octubre de 2019

PRACTICAMOS LENDO TRABALINGUAS

Agora imos practicar a lectura en voz alta vocalizando trabalinguas. Intentaremos ler cada un dos textos varias veces conseutivas apurando progresivamente o ritmo sen descoidar a vocalización.



Collín cordóns,
cordóns collín.
Pola rúa corro,
cordóns collo.
Pola rúa corrín,
cordóns collín.

Caeu unha “chica” ó chan.

Un can cun quinqué no cu.

A pita pasa,
a pipa pinga.
Cando a pita pasa,
a pipa pinga.

Por detrás daquel toxo
vai un pito coxo.
Corre, pito coxo,
pito coxo, corre.

Pasei polo río,
polo río pasei.
Pillei cordóns
cordóns pillei.

Do queixo non che me queixo,
que o queixo ben che me sabe;
quéixome de quen o vende,
que non mo deixa de balde.

Se vou a Bueu nun bou vou.
Se non vou a Bueu nun bou non vou.


Unha cunca de sal arrasada,
¿quen a desarrasará?
O desarrasador que a desarrase
bo desarrasador será.



Neste enlace aparecen moitos máis trabalinguas e algúns deles van acompañados de audios.


martes, 8 de octubre de 2019

TÉCNICAS PARA LER EN VOZ ALTA










 A continuación, ímonos fixar na lectura que fai Xabier P. Docampo do principio do seu propio relato titulado "A máscara" que nós tamén poderiamos ler neste enlace

"A máscara" de Xabier P. Docampo



E agora que xa coñecemos algunhas técnicas para ler mellor en voz alta, imos practicar cun texto de Xabier P. Docampo do seu libro Cando petan na porta pola noite. Cada persoa vai ler un fragmento do conto "O cumpremortes"

Enlace ao conto a partir da páxina 31

Relatos literarios de medo