Como non nos é posible realizar a lectura dramática do texto teatral de
Fina Casalderrey titulado A visita do inspector, cadaquen redactará un texto narrativo (dunhas cen palabras)
no que se relatará en primeira persoa,
desde o punto de vista de cadanseu personaxe, a historia do que pasa na
escola tanto na xornada previa como na da visita do inspector.
Despois, cómpre que se prepare a lectura do texto narrativo que se redactou
ata que saia de corrido case sen ter que o ler.
E daquela, xa se está en
disposición de realizar a última tarefa: gravarse en audio lendo (sen que se
note que o estades a facer) o texto escrito por cada persoa adoptando o papel
do personaxe que vos tocara.
Ao final, escótate e valora como che saíu.
Ademais, cómpre rematar as fichas dos discursos persuasivos que xa foramos
traballando na clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario