sábado, 25 de abril de 2020

CONVENCER CO MEU PROPIO DISCURSO A PARTIR DO CONTIDO DUN VÍDEO

Estes dous vídeos ofrecen contidos diferentes, pero en ámbolos dous casos coinciden en transmitir aprendizaxes relacionadas coa intelixencia emocional, a asimilación de valores positivos e a resolución de conflitos.

1. O primeiro que vos propoño é que os visionedes. Son curtos (un deles nin chega a un minuto) e resultan amenos.
Nos vos engañedes: Que se trate de animación non implica que estean destinados exclusivamente para xente pequena. De feito, segundo as idades a formación e a experiencia de cada persoa, vai depender o que interpretemos.






2. O segundo paso consiste en escoller unha das dúas curtas. ¿Cal che gustou ou che comunicou máis: a da ponte ou a da pedra, o papel e as tesoiras?


3. Agora toca escribir unhas liñas respondendo estas preguntas:

      a) ¿Que historia se conta no vídeo?
      b) ¿Quen son os protagonistas?
      c) ¿Que problema se lles plantea?
      d) ¿Dan solucionado ese problema?
      e) ¿Como consiguen resolvelo?


4. Reflexiona uns intres ¿Que aprendemos de novo ou que aprendizaxe que xa sabiamos se reforza co vídeo?


5. Redacta agora nunhas pouquiñas liñas a conclusión á que chegaches no exercicio nº 4.


6. Elabora agora un breve discurso persuasivo centrado no contido do vídeo que escolliches. Por suposto, podes consultar a ficha coa que traballamos na clase. Ten en conta para o teu guión de traballo que:
  • Non pode ser moi curto nin moi longo, a ver se o axustas a uns cinco minutos.
  • Terás que empregar un ton distendido para agradar a quen te escoite, pero asegurándote que te van tomar en serio e vanse deixar convencer por ti.
  • En todo momento, tes que transmitir que cres o que expresas.
  • Empeza por presentar o problema que plantea o vídeo en forma de pregunta.
  • Presenta a continación a historia do vídeo dun xeito ameno pero ordenado.
  • Explica despois a ensinanza que aprendemos ou reforzamos co vídeo.
  • E se es capaz e queres, podes finalizar poñendo un exemplo orixinal que a ti se che ocurra co que tamén se reforce a mesma idea do vídeo.

7. Pasa a limpo o texto do teu discurso, apréndeo ben ensaiando frente a un espello e grávate co teléfono léndoo, en audio ou en vídeo.


8. Cando remates, escóitate con atención. ¿Que tal che quedou? Déixallo escoitar a alguén da túa confianza e atende ás súas consideracións e consellos.


9. Se é necesario, repite a gravación para mellorala.


10. E, por fin, a ver se puideras, mándame por correo electrónico a gravación. Non será complicado se tes datos de internet ou wifi. Isto é o que precisas:
  • unha conta calquera de correo electrónico
  • rexistrarte gratuitamente con ela en https://wetransfer.com/
  • enviarme o audio ou o vídeo a través de wetransfer.com a esta dirección de correo gata.2gatitos.1gato@gmail.com


 Enlace ao documento da tarefa para descargar


¡Moito ánimo!

No hay comentarios:

Relatos literarios de medo