lunes, 23 de marzo de 2020

A VISITA DO INSPECTOR




Como non nos é posible realizar a lectura dramática do texto teatral de Fina Casalderrey titulado A visita do inspector, cadaquen redactará un texto narrativo (dunhas cen palabras) no que se relatará en primeira persoa,  desde o punto de vista de cadanseu personaxe, a historia do que pasa na escola tanto na xornada previa como na da visita do inspector.
Despois, cómpre que se prepare a lectura do texto narrativo que se redactou ata que saia de corrido case sen ter que o ler. 
E daquela, xa se está en disposición de realizar a última tarefa: gravarse en audio lendo (sen que se note que o estades a facer) o texto escrito por cada persoa adoptando o papel do personaxe que vos tocara.
Ao final, escótate e valora como che saíu.
Ademais, cómpre rematar as fichas dos discursos persuasivos que xa foramos traballando na clase.


martes, 14 de enero de 2020

DISCURSOS PERSUASIVOS


 DISCURSO DE LEONOR DE BORBÓN


DISCURSO DUNHA RAPAZA COMO VÓS QUE SE DIRIXE AOS REPRESENTANTES POLÍTICOS DE XEITO MAXISTRAL CON APLOMO E EFICACIA
 

ESTRATEXIAS PARA CONVENCER A QUEN TE ESCOITA


XESTOS QUE DELATAN A QUEN MINTE E XERAN DESCONFIANZA NO AUDITORIO

miércoles, 23 de octubre de 2019

PRACTICAMOS LENDO TRABALINGUAS

Agora imos practicar a lectura en voz alta vocalizando trabalinguas. Intentaremos ler cada un dos textos varias veces conseutivas apurando progresivamente o ritmo sen descoidar a vocalización.



Collín cordóns,
cordóns collín.
Pola rúa corro,
cordóns collo.
Pola rúa corrín,
cordóns collín.

Caeu unha “chica” ó chan.

Un can cun quinqué no cu.

A pita pasa,
a pipa pinga.
Cando a pita pasa,
a pipa pinga.

Por detrás daquel toxo
vai un pito coxo.
Corre, pito coxo,
pito coxo, corre.

Pasei polo río,
polo río pasei.
Pillei cordóns
cordóns pillei.

Do queixo non che me queixo,
que o queixo ben che me sabe;
quéixome de quen o vende,
que non mo deixa de balde.

Se vou a Bueu nun bou vou.
Se non vou a Bueu nun bou non vou.


Unha cunca de sal arrasada,
¿quen a desarrasará?
O desarrasador que a desarrase
bo desarrasador será.



Neste enlace aparecen moitos máis trabalinguas e algúns deles van acompañados de audios.


Relatos literarios de medo