La lengua se mueve para hablar, para comer, para jugar... No es un ser vivo, pero está viva. Nunca se queda parada porque quienes la usamos vivimos y quizás vivamos porque la usamos.
lunes, 5 de octubre de 2020
miércoles, 3 de junio de 2020
viernes, 15 de mayo de 2020
GUIÓN PARA UNHA PRESENTACIÓN OU VÍDEO
Elaboramos un guión para acompañar unha presentación de diapositivas ou vídeo de contido explicativo.
Preséntasevos un mesmo documento en formatos diferentes para que preparedes a seguinte tarefa.
1. Este exercicio require que primeiro analizades varias veces a información que contén. Observaredes que se combinan gráficos diversos e textos que, en xeral, insisten nas mesmas normas de xeito distinto:Franxas horarias nas saídas para pasear e facer deporte durante o confinamento
https://issuu.com/micaelagonzalez/docs/presentaci_n_3__tarea.pptx
https://drive.google.com/open?id=1DXxj6xAgxEsfGNNc9TpNPCDLeYRW1qB7
Ademais, esas disposicións administrativas do Goberno seguro que xa as sabedes de memoria.
2. Despois, precisades elaborar un texto a modo de guión no que iredes incluíndo una explicación para cada diapositiva ou secuencia (no caso de escollerades traballar co formato en vídeo).
Se nunha diapositiva ou secuencia hai demasiada información, podedes resumir as ideas máis importantes. Este texto terédelo que redactar en galego.
3. En canto o guión estea rematado, procede que o ensaiedes varias veces, ata que logredes dominalo moi ben.
4. Finalmente, toca gravar a vosa intervención en audio. Se alguén quere (e ten autorización familiar) tamén a pode gravar en vídeo.
5. Para enviar o audio, empregaredes o mesmo procedemento que se explicaba na tarefa anterior a través de https://wetransfer.com/
mandades o arquivo a esta dirección de correo
gata.2gatitos.1gato@gmail.com
miércoles, 13 de mayo de 2020
PODCAST DE NOA SANTIAGO
Aquí podedes escoitar o podcast de Noa Santiago. Está moi en e pode resultarvos inspirador.
Noraboa e moitas gracias, Noa.
Noraboa e moitas gracias, Noa.
sábado, 25 de abril de 2020
CONVENCER CO MEU PROPIO DISCURSO A PARTIR DO CONTIDO DUN VÍDEO
Estes dous vídeos ofrecen contidos diferentes, pero en ámbolos dous casos coinciden en transmitir aprendizaxes relacionadas coa intelixencia emocional, a asimilación de valores positivos e a resolución de conflitos.
1. O primeiro que vos propoño é que os visionedes. Son curtos (un deles nin chega a un minuto) e resultan amenos.
Nos vos engañedes: Que se trate de animación non implica que estean destinados exclusivamente para xente pequena. De feito, segundo as idades a formación e a experiencia de cada persoa, vai depender o que interpretemos.
2. O segundo paso consiste en escoller unha das dúas curtas. ¿Cal che gustou ou che comunicou máis: a da ponte ou a da pedra, o papel e as tesoiras?
3. Agora toca escribir unhas liñas respondendo estas preguntas:
a) ¿Que historia se conta no vídeo?
b) ¿Quen son os protagonistas?
c) ¿Que problema se lles plantea?
d) ¿Dan solucionado ese problema?
e) ¿Como consiguen resolvelo?
4. Reflexiona uns intres ¿Que aprendemos de novo ou que aprendizaxe que xa sabiamos se reforza co vídeo?
5. Redacta agora nunhas pouquiñas liñas a conclusión á que chegaches no exercicio nº 4.
6. Elabora agora un breve discurso persuasivo centrado no contido do vídeo que escolliches. Por suposto, podes consultar a ficha coa que traballamos na clase. Ten en conta para o teu guión de traballo que:
7. Pasa a limpo o texto do teu discurso, apréndeo ben ensaiando frente a un espello e grávate co teléfono léndoo, en audio ou en vídeo.
8. Cando remates, escóitate con atención. ¿Que tal che quedou? Déixallo escoitar a alguén da túa confianza e atende ás súas consideracións e consellos.
9. Se é necesario, repite a gravación para mellorala.
10. E, por fin, a ver se puideras, mándame por correo electrónico a gravación. Non será complicado se tes datos de internet ou wifi. Isto é o que precisas:
Enlace ao documento da tarefa para descargar
¡Moito ánimo!

- Non pode ser moi curto nin moi longo, a ver se o axustas a uns cinco minutos.
- Terás que empregar un ton distendido para agradar a quen te escoite, pero asegurándote que te van tomar en serio e vanse deixar convencer por ti.
- En todo momento, tes que transmitir que cres o que expresas.
- Empeza por presentar o problema que plantea o vídeo en forma de pregunta.
- Presenta a continación a historia do vídeo dun xeito ameno pero ordenado.
- Explica despois a ensinanza que aprendemos ou reforzamos co vídeo.
- E se es capaz e queres, podes finalizar poñendo un exemplo orixinal que a ti se che ocurra co que tamén se reforce a mesma idea do vídeo.
7. Pasa a limpo o texto do teu discurso, apréndeo ben ensaiando frente a un espello e grávate co teléfono léndoo, en audio ou en vídeo.
8. Cando remates, escóitate con atención. ¿Que tal che quedou? Déixallo escoitar a alguén da túa confianza e atende ás súas consideracións e consellos.
9. Se é necesario, repite a gravación para mellorala.
10. E, por fin, a ver se puideras, mándame por correo electrónico a gravación. Non será complicado se tes datos de internet ou wifi. Isto é o que precisas:
- unha conta calquera de correo electrónico
- rexistrarte gratuitamente con ela en https://wetransfer.com/
- enviarme o audio ou o vídeo a través de wetransfer.com a esta dirección de correo gata.2gatitos.1gato@gmail.com
Enlace ao documento da tarefa para descargar
¡Moito ánimo!
martes, 31 de marzo de 2020
GALICIA LE: PLATAFORMA DAS BIBLIOTECAS DE GALICIA
Para poder utilizar gratuitamente un número impresionante de recursos
básicamente libros en galego y en castellano, pero también vídeos, solo
necesitáis formalizar un registro con vuestro DNI.
lunes, 23 de marzo de 2020
A VISITA DO INSPECTOR
Como non nos é posible realizar a lectura dramática do texto teatral de
Fina Casalderrey titulado A visita do inspector, cadaquen redactará un texto narrativo (dunhas cen palabras)
no que se relatará en primeira persoa,
desde o punto de vista de cadanseu personaxe, a historia do que pasa na
escola tanto na xornada previa como na da visita do inspector.
Despois, cómpre que se prepare a lectura do texto narrativo que se redactou
ata que saia de corrido case sen ter que o ler.
E daquela, xa se está en
disposición de realizar a última tarefa: gravarse en audio lendo (sen que se
note que o estades a facer) o texto escrito por cada persoa adoptando o papel
do personaxe que vos tocara.
Ao final, escótate e valora como che saíu.
Ademais, cómpre rematar as fichas dos discursos persuasivos que xa foramos
traballando na clase.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
MARÍA GRIPE Es una gran escritora sueca de literatura infantil, galardonada con el Premio Andersen . Nació en Vaxholm , cerca de Estocolmo ...
-
Desde que la tecnología nos ha venido a facilitar la vida, ya no es frecuente comunicarnos por carta postal (la que se envía por correo...
-
Expresa aquí tus opiniones, dudas, comentarios, preguntas... que te haya suscitado la lectura de esta novela para que otras personas las com...